Curruncho sobre Música






10/12/10

3º ESO: MÚSICA PARA FINAIS DOS 50 Y PRINCIPIOS DOS 60

Diana PAUL ANKA

Put your head on my shoulder PAUL ANKA


You've Lost That Loving Feeling THE RIGHTEOUS BROTHERS



Unchained Melody THE RIGHTEOUS BROTHERS

Deep River, Mountain High IKE & TINA TURNER

Surfin' USA THE BEACH BOYS

5/12/10

AUDICIÓNS: CONCERTO PARA PIANO E ORQUESTRA Nº 5 "EMPERADOR" de BEETHOVEN

1º MOVEMENTO

2º e 3º MOVEMENTO

3º MOVEMENTO

2. AUDICIÓNS (1º AVALIACIÓN) INVERNO PORTEÑO de ASTOR PIAZZOLLA.

INVERNO PORTEÑO DE ASTOR PIAZZOLLA. OBRA PARA BANDONEÓN E ORQUESTRA.


Astor Piazzolla tamén compuso unha peza para cada estación do ano. Neste caso, escoitamos o inverno, pero tamén dedicou unha ó verán, ó outono e á primavera... 

Recordades que outro compositor compuso un concerto para cada estación do ano...? 

Efectivamente, Antonio Vivaldi, que viviu no século XVII (Barroco). Aquí temos o primeiro movemento do concerto que escribiu para ó inverno:

E, agora, por último imos escoitar atentamente que é o que pasa nesta obra interpretada por un famoso violinista ucraniano chamado Gidon Kremer e a súa pequena orquestra de corda (orquestra de corda de cámara):

INVERNO PORTEÑO DE ASTOR PIAZZOLLA. VERSIÓN PARA VIOLIN E ORQUESTRA.

27/11/10

PIRATAS DEL CARIBE wix

   A través do magnífico blog "Taller musical de 3º" de María Jesús Camino, atopamos a partitura do tema principal de Piratas do Caribe.

26/11/10

"ENTRE DÚAS VIDAS"

  Esta semana asistimos ó Teatro Rosalía na Coruña os días 24 e 26 a un espectáculo chamado "Entre dúas vidas". Déixovos dous pequenos recordos:



25/11/10

25 de Novembro: DÍA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO.

Listaxe de cancións e as súas ligazóns, que tratan o tema da violencia de xénero de diferentes maneiras.
PARA 1º BACH
Elixe tres delas e fai un comentario, comparando
  • a súas letras
  • os recursos utilizados na música
  • estilos musicais
  • como se enfoca o tema da violencia
  • se ten videoclip, que tipo de imaxes usa?
  • que pensas ti da canción

22/11/10

22 DE NOVEMBRO: SANTA ICÍA, Patroa da Música

  Este ano, como cada ano nesta data, celébrase o día de Santa Icía, patroa da música
A música, esa arte das vibracións e sensacións que vive a través do aire e prodúcese "eléctricamente" no noso cerebro, inmaterial escoita, que non se pode tocar, nin ver, vínculo entre corpo e alma...

  Nada mellor para celebrar esta data que facelo facendo/tocando/aprendendo/escoitando música, non só hoxe, senón sempre que poidamos. Ademais  salientar que A Unesco acaba de recoñecer dous manifestacións artísticas musicais de España coma Patrimonio Inmaterial da Humanidade:



17/11/10

PRESENTACIÓN: Ampliación conceptos da Música na Idade Media

AMPLIACIÓN DE COÑECEMENTOS SOBRE A MÚSICA VOCAL NA IDADE MEDIA
-GUIDO D'AREZZO
-AS HORAS CANÓNICAS
-LITURXIA DAS HORAS (OFICIO DIVINO)

11/11/10

1. AUDICIÓNS PARA 4º DA ESO. 1º AVALIACIÓN

AS RAÍCES DA MÚSICA POPULAR URBANA
 

CANTO DE TRABAJO
TAKE THIS HAMMER
  • LEADBELLY


  • Versión country deste canto de traballo por The Osborne Brothers
  • RAILROAD BILL SKIFFLE GROUP
  • THE BEATLES

CANTO ESPIRITUAL
Deep River
  • CORO MIXTO

BLUES
-DELTA BLUES
  • ROBERT JOHNSON: Crossroad

-CITY BLUES
  • JOHN LEE HOOKER: Boom, Boom
  • B. B. KING: Blues Boy Tune

  • MUDDY WATERS: Rollin' Stone

  • BOOGIE WOOGIE para 2 PIANOS

AUDICIÓNS PARA 3º DA ESO (1º AVALIACIÓN)

XÉNEROS MUSICAIS 

(Exemplos utilizados)

MÚSICA TRADICIONAL
Carlos Núñez e The Chieftains: Alborada da Veiga e a muiñeira de Chantada
MÚSICA CULTA
Ludwig Van Beethoven: Concerto para piano e orquestra nº 5 "Emperador"

MÚSICA POPULAR URBANA

ROCK AND ROLL

BILL HALEY & HIS COMETS: ROCK AROUND THE CLOCK

ELVIS PRESLEY: JAILHOUSE ROCK

LITTLE RICHARD: TUTTI FRUTTI

CHUCK BERRY: JOHNNY B. GOODE

JERRY LEE LEWIS: GREAT BALL OF FIRE

BUDDY HOLLY AND THE CRICKETS: PEGGY SUE

26/10/10

AUDICIÓNS PARA 1º DE BACHARELATO: MÚSICA VOCAL NA IDADE MEDIA

 1º AVALIACIÓN
1. Exemplo de canto gregoriano: De ore leonis

2. Secuencia  Dies irae 

3. Goliardos In taberna quando sumus

4. Cantiga Ondas do mar de Vigo de Martín Códax

 
5. Cantiga nº 47 Virxe Santa María de Alfonso X O Sabio
6. Cantiga nº 100 Santa María Estrela do Día Alfonso X "O Sabio"

25/10/10

A TONALIDADE. OS MODOS MAIORES E MENORES para 1º BACHARELATO



 Facendo clic sobre cada nota musical e elixindo "modalidade maior" ou "modalidade menor" escoitarás a mesma melodía empezando dende diferente altura e podes elixir se a queres en modo maior ou en modo menor.

23/10/10

TAMÉN SABEMOS CANTAR OS ÉXITOS DO MUNDIAL!! para 3º DA ESO

WAVING FLAG (KARAOKE)

LETRA


WAKA (KARAOKE)


LETRA

O SON E AS CALIDADES DO SON para 2º DA ESO

O Son é unha SENSACIÓN que se produce no noso cerebro. Veamos como se produce(facede clic na imaxe):


Os sons tamén teñen as súas características propias coma nós, por iso podemos diferenciar uns doutros. Estas características son o que coñecemos como AS CALIDADES DO SON. Facede clic na imaxe para escoitar diferentes exemplos (vía Mª Jesús Camino)



19/10/10

Xogo de memoria musical

Atrevédesvos con este xogo de memoria musical?

Facede clic no botón "commencer" e fixádevos ben os sons que primeiro toca o piano, e despois ides ter que tocar vós... Moita sorte!


16/10/10

BAD ROMANCE-wix (LADY GAGA)

(Vía o Blog Música Meruelo. Grazas)

Está versión de Bad Romance, da peculiar Lady Gaga está xenial pero tedes que practicala!


A letra:


E o vídeo-clip, que tamén o tedes na ligazón do wix:

DÉJAME-wix (LOS SECRETOS)

Déixovos aquí esta magnífica versión da canción "DÉJAME" dun grupo marabilloso que é imprescindible e que fíxose famoso na época da movida madrileña nos anos oitenta: LOS SECRETOS. A pesar de que o seu cantante Enrique Urquijo morreu o 17 de novembro do 1999, o grupo continúa actuando e botando novos discos, e a figura de Enrique é sempre lembrada nos concertos que dan. Realmente paga moito a pena velos en directo.

Aquí canta Álvaro Urquijo, o irmán de Enrique


E aquí está, Enrique :)

E agora a nosa quenda, atrevédesvos?

13/10/10

Partitura para frauta do tema principal DE BOB ESPONJA

Por fin chegou a esperada partitura... temos que traballar porque hai moitas cousas novas nesta obra que xa veremos ó longo do curso... Espero que vos guste... Ánimo e paciencia!!!

Lembrade como se toca o FA SOSTIDO na frauta. Se tedes dúbidas,xa sabedes que podedes consultar as dixitacións AQUÍ



Aínda que sei de sobra que sabedes a letra....


Vive en una piña debajo del mar
Bob Esponja
Su cuerpo absorve y sin estallar
Bob Esponja
El mejora amigo que podrías desear
Bob Esponja
Y como a un pez le es fácil flotar
BOB ESPONJA X4


ÉL ES BOB ESPONJA

10/10/10

FUTURAMA-wix

Dende o magnífico blog "Música Meruelo" que realiza a profesora María Jesús Camino, atopamos este arranxo sobre una música con toques galácticos

9/10/10

JOHN LENNON e o ano 2010

O 9 de Outubro John Lennon cumpriría 70 anos, que se di pronto!
Como xa temos falado, John Lennon era uns dos integrantes de The Beatles, o cuarteto de Liverpool, que se separaron en 1970 polo que este ano tamén é o 40 aniversario da súa separación...e tamén, hai 30 anos do seu asasinato... curiosidades dos números!!
Google fixo a súa particular homenaxe poñendo a súas letras coa cariña de John Lennon... Déixovos aquí o vídeo.... (Por certo, a canción supoño que vos soará ;))


A súa viúva, Yoko Ono, promove moitos actos para lembrar a súa figura coma por exemplo enviar a túa homenaxe musical a canle oficial en youtube.



 

Se quedaches con ganas de saber algo máis podes ler o seguinte artigo!!

Sen embargo, aínda que hai case 30 anos que nos deixou a súa mensaxe pervive en nós...

2/10/10

HIGH NOTE (Debuxos animados)

 Unhas notas e figuras musicais moi animadas...
Debuxos da factoría Warner Bros.



OS PICAPEDRA... THE FLINTSTONES

Atopei unha versión da partitura para frauta moi axeitadiña dos Picapedra no blog de Massimo Pennesi, Educación Musical...
Sei que esta canción vos gusta moito, facede clic no play e practicádea...

1/10/10

Música a partir dunha fotografía

Unha foto especial que Jarbas Agnelli viu no xornal, inspiroulle unha música peculiar ... mirade por que...

29/9/10

O SON E A AUDICIÓN

View more documents from omundodarede2010.



Un positivo para quen traia correctamente as partes do oído




  Esta presentación do oído non está feita por mín, senón creo recordar por profesores dun instituto andaluz. Non lembro onde atopei este recurso tan bo (mea culpa)





ONE MAN BAND


one man band from master on Vimeo.

LIBRO DE PARTITURAS VIRTUAL COS ACOMPAÑAMENTOS

   Imos comezar en 2º tocando ESTA PARTITURA: "RECUERDO" que se atopa nun bonito libro musical feito por Jorge Delicado e que xenerosamente colgou na rede.

Como podedes ver é un "libro", só tedes que pasar a páxina, e atoparedes a canción "recuerdo",facede clic. Aparecerá a partitura. Ó lado esquerdo da partitura hai un reprodutor de mp3 "virtual", facede clic no "play" e xa tedes o acompañamento!!

IMAGINE-wix

Déixovos este fermoso Wix para tocar, cantar e acompañar sobre a canción  de John Lennon, IMAGINE. 


  Atopado nun blog xenial sobre música que fai María Jesús Camino dende Cantabria, Música Meruelo, e que ten moitísimas partituras fantásticas para tocar!  

Dixitacións na frauta doce

Aprende onde colocamos os dedos na frauta doce para que soen as notas (facede clic nas seguintes ligazóns):




Comezamos

   Benvidos a este pequeno curruncho de aspectos relacionados dalgún xeito coa música, espero que vos sirva de axuda...