Curruncho sobre Música






26/10/10

AUDICIÓNS PARA 1º DE BACHARELATO: MÚSICA VOCAL NA IDADE MEDIA

 1º AVALIACIÓN
1. Exemplo de canto gregoriano: De ore leonis

2. Secuencia  Dies irae 

3. Goliardos In taberna quando sumus

4. Cantiga Ondas do mar de Vigo de Martín Códax

 
5. Cantiga nº 47 Virxe Santa María de Alfonso X O Sabio
6. Cantiga nº 100 Santa María Estrela do Día Alfonso X "O Sabio"

25/10/10

A TONALIDADE. OS MODOS MAIORES E MENORES para 1º BACHARELATO



 Facendo clic sobre cada nota musical e elixindo "modalidade maior" ou "modalidade menor" escoitarás a mesma melodía empezando dende diferente altura e podes elixir se a queres en modo maior ou en modo menor.

23/10/10

TAMÉN SABEMOS CANTAR OS ÉXITOS DO MUNDIAL!! para 3º DA ESO

WAVING FLAG (KARAOKE)

LETRA


WAKA (KARAOKE)


LETRA

O SON E AS CALIDADES DO SON para 2º DA ESO

O Son é unha SENSACIÓN que se produce no noso cerebro. Veamos como se produce(facede clic na imaxe):


Os sons tamén teñen as súas características propias coma nós, por iso podemos diferenciar uns doutros. Estas características son o que coñecemos como AS CALIDADES DO SON. Facede clic na imaxe para escoitar diferentes exemplos (vía Mª Jesús Camino)



19/10/10

Xogo de memoria musical

Atrevédesvos con este xogo de memoria musical?

Facede clic no botón "commencer" e fixádevos ben os sons que primeiro toca o piano, e despois ides ter que tocar vós... Moita sorte!


16/10/10

BAD ROMANCE-wix (LADY GAGA)

(Vía o Blog Música Meruelo. Grazas)

Está versión de Bad Romance, da peculiar Lady Gaga está xenial pero tedes que practicala!


A letra:


E o vídeo-clip, que tamén o tedes na ligazón do wix:

DÉJAME-wix (LOS SECRETOS)

Déixovos aquí esta magnífica versión da canción "DÉJAME" dun grupo marabilloso que é imprescindible e que fíxose famoso na época da movida madrileña nos anos oitenta: LOS SECRETOS. A pesar de que o seu cantante Enrique Urquijo morreu o 17 de novembro do 1999, o grupo continúa actuando e botando novos discos, e a figura de Enrique é sempre lembrada nos concertos que dan. Realmente paga moito a pena velos en directo.

Aquí canta Álvaro Urquijo, o irmán de Enrique


E aquí está, Enrique :)

E agora a nosa quenda, atrevédesvos?

13/10/10

Partitura para frauta do tema principal DE BOB ESPONJA

Por fin chegou a esperada partitura... temos que traballar porque hai moitas cousas novas nesta obra que xa veremos ó longo do curso... Espero que vos guste... Ánimo e paciencia!!!

Lembrade como se toca o FA SOSTIDO na frauta. Se tedes dúbidas,xa sabedes que podedes consultar as dixitacións AQUÍ



Aínda que sei de sobra que sabedes a letra....


Vive en una piña debajo del mar
Bob Esponja
Su cuerpo absorve y sin estallar
Bob Esponja
El mejora amigo que podrías desear
Bob Esponja
Y como a un pez le es fácil flotar
BOB ESPONJA X4


ÉL ES BOB ESPONJA

10/10/10

FUTURAMA-wix

Dende o magnífico blog "Música Meruelo" que realiza a profesora María Jesús Camino, atopamos este arranxo sobre una música con toques galácticos

9/10/10

JOHN LENNON e o ano 2010

O 9 de Outubro John Lennon cumpriría 70 anos, que se di pronto!
Como xa temos falado, John Lennon era uns dos integrantes de The Beatles, o cuarteto de Liverpool, que se separaron en 1970 polo que este ano tamén é o 40 aniversario da súa separación...e tamén, hai 30 anos do seu asasinato... curiosidades dos números!!
Google fixo a súa particular homenaxe poñendo a súas letras coa cariña de John Lennon... Déixovos aquí o vídeo.... (Por certo, a canción supoño que vos soará ;))


A súa viúva, Yoko Ono, promove moitos actos para lembrar a súa figura coma por exemplo enviar a túa homenaxe musical a canle oficial en youtube.



 

Se quedaches con ganas de saber algo máis podes ler o seguinte artigo!!

Sen embargo, aínda que hai case 30 anos que nos deixou a súa mensaxe pervive en nós...

2/10/10

HIGH NOTE (Debuxos animados)

 Unhas notas e figuras musicais moi animadas...
Debuxos da factoría Warner Bros.



OS PICAPEDRA... THE FLINTSTONES

Atopei unha versión da partitura para frauta moi axeitadiña dos Picapedra no blog de Massimo Pennesi, Educación Musical...
Sei que esta canción vos gusta moito, facede clic no play e practicádea...

1/10/10

Música a partir dunha fotografía

Unha foto especial que Jarbas Agnelli viu no xornal, inspiroulle unha música peculiar ... mirade por que...