Curruncho sobre Música






9/10/10

JOHN LENNON e o ano 2010

O 9 de Outubro John Lennon cumpriría 70 anos, que se di pronto!
Como xa temos falado, John Lennon era uns dos integrantes de The Beatles, o cuarteto de Liverpool, que se separaron en 1970 polo que este ano tamén é o 40 aniversario da súa separación...e tamén, hai 30 anos do seu asasinato... curiosidades dos números!!
Google fixo a súa particular homenaxe poñendo a súas letras coa cariña de John Lennon... Déixovos aquí o vídeo.... (Por certo, a canción supoño que vos soará ;))


A súa viúva, Yoko Ono, promove moitos actos para lembrar a súa figura coma por exemplo enviar a túa homenaxe musical a canle oficial en youtube.



 

Se quedaches con ganas de saber algo máis podes ler o seguinte artigo!!

Sen embargo, aínda que hai case 30 anos que nos deixou a súa mensaxe pervive en nós...

No hay comentarios:

Publicar un comentario