Curruncho sobre Música






11/12/12

A música salva

En entradas anteriores xa falamos da importancia da música como menciña para a alma. Nas circunstancias actuais de crise global, que nos afecta a todos pero especialmente ás persoas con menos medios, atopamos gotas de luz e frescura a través da creatividade e o amor polas artes con iniciativas tales como esta. Parabéns polo fermoso traballo!

8/12/12

Os catro acordes da música popular urbana

No seguinte vídeo, ides poder confirmar o que levamos explicando e experimentando na aula: a importancia dos acordes no acompañamento da música popular urbana.
Os músicos explican que as cancións pop dos últimos corenta anos están compostas por catro acordes (I-IV-VI-V). Amósanno a través dunha parodia e entoan diferentes éxitos un tras outro. Se vos fixades, no vídeo aparecen os títulos.

Deseguido, neste outro vídeo confírmase aínda máis claramente o exposto no parágrafo anterior: con catro acordes, literalmente, podemos facer acompañamentos para melodías.
Fixádevos na man esquerda do pianista, neste caso toca os acordes despregados: I-VI-IV-V.
Pola outra banda, a man dereita toca esta famosa melodía. 

Saberiades dicir en que tonalidade está a obra? Por que? Di o nome das notas que compoñen o acorde?


     
    Verdade que coñecedes esta melodía?

    Non será deste anuncio?



31/10/12

FELIZ HALLOWEEN!!

(Vía María Jesús Camino http://mariajesusmusica.wix.com/esqueletos)

21/9/12

As notas musicais

Fai clic sobre a imaxe anterior e elixe a resposta correcta das cinco posibles. Só hai unha correcta.

Instrumentos musicais da aula

Fai clic sobre a imaxe e intenta atopar o nome de doce instrumentos musicais presentes na aula de música. 



28/6/12

Somebody that I used to know

Con esta versión da canción Somebody that I used to know realizada polo alumnado de Música que cursa 1.º de Bacharelato ... 

Queremos desexarvos un feliz verán!!!

 

1/6/12

Música Instrumental no Barroco

Tocata e Fuga en Re menor Johann Sebastian Bach

Musicograma 



Interpretada por Karl Richter (1926-1981)



1.º movemento do concerto O Inverno pertencente a "As Catro Estacións" de Antonio Vivaldi.



2.º movemento do concerto O Inverno pertencente a "As Catro Estacións" de Antonio Vivaldi.



23/5/12

Doodle sobre Robert Moog


   Google vólvenos a sorprender cun dos seus Doodles máis logrados coma este en homenaxe ó 78 aniversario do nacemento de Robert Moog, figura importantísima no desenvolvemento do sintentizador e da música electrónica.
   Podedes experimentar con este sintetizador virtual, tecleando e aplicando os diferentes efectos musicais... e non vos esquezades de gravar a vosa obra.
   Se facedes clic na imaxe, escoitaredes diferentes melodías gravadas por internautas e colgadas na rede con este sintetizador. Desfrutádeo!

    Todos os Doodles.

21/5/12

Lendas da música Disco

    A Música Disco está de luto. Dous das súas figuras máis representativas deste estilo setentero, deixáronnos. Sen estar aínda recuperados da morte de Donna Summer, hai apenas cinco días, onte faleceu uns dos co-fundadores do grupo Bee Gees


"Hot Stuff".Donna Summer.


"Staying Alive". Bee Gees.

18/5/12

"Somebody that I used to know"

Gotye coa colaboración de Kimbra interpretan "Somebody that I used to know" pertencente ó seu álbum Making Mirrors (2011). 



Versión feita por Walk off the Earth
 


Animádesvos coa coreografía? 


A partitura en formato pdf podédela atopar na seguinte ligazón  Eduplaneta Musical.

Partituras

Amósovos estas versións de éxitos recentes atopadas no blog Ikasmus. Facendo clic na seguinte imaxe, iredes directos á zona das partituras. 

Partitura e base musical de "The Battle" (BSO Gladiator)

    Aquí vos deixo o Wix (partitura e música) da peza "The Battle" pertencente á banda sonora da película Gladiator, que foi composta polo compositor alemán Hans Zimmer (1957).

(Facede clic na imaxe que se amosa a continuación).



Arranxo atopado no blog Ikasmus

Audicións relacionadas coas unidades do Renacemento e Barroco (3.ª avaliación)

C. Janequin: "Le chant des oiseaux"



Pink Floyd: "Money" 



F. G. Haendel: "Lascia ch'io pianga". (Extracto da película Farinelli). 



F. G. Haendel: "Lascia ch'io pianga". (Versión do contratenor Phillippe Jaroussky). 



H. Purcell: "The Cold Song". Interpretada por Klaus Nomi. 


15/5/12

3.ª avaliación: Audicións de Música Popular Urbana (I).

Muddy Waters: "Baby, please don't go" (1953).

Elvis Presley: "Jailhouse Rock" (1957).

Lonnie Donegan: "My dixie darling" (1957).

The Beatles: "All you need is love" (1967).

The Rolling Stones: "Satisfaction" (1965).
Jimi Hendrix: "Voodoo Child" (1968).
Metallica: "Enter Sandman" (1990).

13/3/12

2.º Avaliación: audicións.

 Non esquezades repasar as notas da libreta e das unidades sobre as seguintes audicións que comentamos na clase.

A. Vivaldi: Concerto para violín e orquestra "A Primavera".




Beyoncé: Single Ladies.

Bach: Preludio.


Leroy Anderson: A máquina de escribir.

 N. Rimsky-Korsakov: O voo do moscardo.

Remo Giazotto: Adagio.

Benjamin Britten: Guía de orquesta para jóvenes.

5/3/12

Composición dunha banda de son

Presentación: o proceso na composición dunha banda de son, así coma as funcións do cine na música segundo o texto escrito polo compositor Aaron Copland. 

29/2/12

O Google Doodle de hoxe é para Giachino Rossini

Este ano tivemos ocasión de acudir a unha representación en directo de "La Cenicienta" do compositor italiano Giachino Rossini. Aproveitamos para afondar na súa vida e obra musical.

Foto tomada da wikipedia

Tal día coma hoxe,un 29 de febreiro, de 1792 naceu en Pesaro este famoso compositor.
Como vós de sobra sabedes, a "Google" non se lle escapa nada e para celebrar o aniversario do seu nacemento, adícalle o Google Doodle (facede clic na imaxe).


Os Google Dooles son logotipos enxeñosos e orixinais feitos para días especiais.
Podedes botar unha ollada a todos os realizados na seguinte ligazón, GOOGLE DOODLES, onde atoparedes algúns tan xeniais coma este adicado a Les Paul (facede clic na imaxe). 

27/2/12

"Needing/Getting"OK Go.

Un videoclip moi interesante do grupo OK Go, que nos enviou Bryan de 2.º ESO B. Esta canción "Needing/Getting" é experimental na forma de acompañar a melodía e necesita un gran despregamento de medios para facer música co instrumentos que non son propiamente "musicais". (Tema que xa temos falado e debatido na clase por mor da audición "Trashing the camp" composta por Phill Collins). Déixovos a páxina oficial do grupo onde podedes consultar información sobre os compoñentes ademáis de música e vídeos. http://okgo.net/

Renacemento: audicións.

"Ave María". Tomás Luis de Victoria.
 
"Tu solus qui facis mirabilia". Josquin de Prés.

"Mille Regretz". Josquin de Prés

"Misa" baseada en "Mille Regretz". Cristóbal de Morales.

"La Canción del Emperador". Luis de Narváez.

"Más vale trocar". Juan del Encina.

"Flow my tears". John Dowland.

"Cruda Amarilli". Claudio Monteverdi.

24/2/12

MÚSICA E CINE. AUDICIÓNS

O REGADOR REGADOR


O CANTANTE DE JAZZ


TEMA DE TARA. GONE WITH THE WIND (O QUE O VENTO SE LEVOU)



SWING TIME. FRED ASTAIRE E GINGER ROGERS


SOMEWHERE OVER THE RAINBOW. O MAGO DE OZ


VERSIÓN DE ISRAEL KAMAKAWIWO con subtítulos



PSICOSIS


SINGIN' IN THE RAIN (CANTANDO BAIXO A CHOIVA)


CON SUBTÍTULOS EN CASTELÁN http://www.youtube.com/watch?v=Pp6TPeuGJck&feature=related

MOON RIVER. BREAKFAST AT TIFFANY'S (ALMORZO CON DIAMANTES)


THE GODFATHER


TEMA DE AMOR


"LA MUERTE TENÍA UN PRECIO". (ENNIO MORRICONE) THE MISSION (LA MISIÓN)



STAR WARS


SCHINDLER'S LIST



TIME LAPSE



THE HOURS



AMELIE


CARROS DE FUEGO (VANGELIS)

30/1/12

A terra das mil orquestras...

Fermoso documental que trata o uso da música coma medicina social. Neste día tan especial, gritemos PAZ para calar a dor que asola o mundo coas guerras...
Declarámonos profundamente soñadores.
Só nós podemos facer deste mundo, un mundo mellor.


26/1/12

Concerto didáctico de "La Cenicienta"

O mércores 25 de xaneiro 3.º de ESO, 4.º ESO e 1.º Bacharelato asistiron ó concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini. Consistiu nunha peculiar adaptación da ópera de Rossini que tivo lugar no Pazo da Ópera de A Coruña. Aquí vos deixo as fotos que fixemos durante a espera previa á actuación...
Concerto "La Cenicienta" de Rossini. Mércores, 25 de Xaneiro do 2012.
Tamén vos adxunto a guía didáctica que comentamos na clase e podedes consultar. Atoparedes curiosas ligazóns musicais e diferentes contos ó redor do mundo.

9/1/12

"Na Cova do Rei das Montañas". Peer Gynt. Edvard Grieg

Versión 1.ª: Orquestra Sinfónica en directo 




Versión 2.ª: A audición acompañada con imaxes do compositor Edvard Grieg.

.  


A música incidental para a historia de Peer Gynt (1867) foi composta por Edvard Grieg (1843-1905) en 1875 e interpretada por primeira vez en 1876. Unha das pezas integrantes é "Na Cova do Rei da Montaña" mostra a fuxida de Peer do rei Drove e os seus troles.