Curruncho sobre Música






30/1/12

A terra das mil orquestras...

Fermoso documental que trata o uso da música coma medicina social. Neste día tan especial, gritemos PAZ para calar a dor que asola o mundo coas guerras...
Declarámonos profundamente soñadores.
Só nós podemos facer deste mundo, un mundo mellor.


26/1/12

Concerto didáctico de "La Cenicienta"

O mércores 25 de xaneiro 3.º de ESO, 4.º ESO e 1.º Bacharelato asistiron ó concerto didáctico "La Cenicienta" de Rossini. Consistiu nunha peculiar adaptación da ópera de Rossini que tivo lugar no Pazo da Ópera de A Coruña. Aquí vos deixo as fotos que fixemos durante a espera previa á actuación...
Concerto "La Cenicienta" de Rossini. Mércores, 25 de Xaneiro do 2012.
Tamén vos adxunto a guía didáctica que comentamos na clase e podedes consultar. Atoparedes curiosas ligazóns musicais e diferentes contos ó redor do mundo.

9/1/12

"Na Cova do Rei das Montañas". Peer Gynt. Edvard Grieg

Versión 1.ª: Orquestra Sinfónica en directo 




Versión 2.ª: A audición acompañada con imaxes do compositor Edvard Grieg.

.  


A música incidental para a historia de Peer Gynt (1867) foi composta por Edvard Grieg (1843-1905) en 1875 e interpretada por primeira vez en 1876. Unha das pezas integrantes é "Na Cova do Rei da Montaña" mostra a fuxida de Peer do rei Drove e os seus troles.