Curruncho sobre Música






29/2/12

O Google Doodle de hoxe é para Giachino Rossini

Este ano tivemos ocasión de acudir a unha representación en directo de "La Cenicienta" do compositor italiano Giachino Rossini. Aproveitamos para afondar na súa vida e obra musical.

Foto tomada da wikipedia

Tal día coma hoxe,un 29 de febreiro, de 1792 naceu en Pesaro este famoso compositor.
Como vós de sobra sabedes, a "Google" non se lle escapa nada e para celebrar o aniversario do seu nacemento, adícalle o Google Doodle (facede clic na imaxe).


Os Google Dooles son logotipos enxeñosos e orixinais feitos para días especiais.
Podedes botar unha ollada a todos os realizados na seguinte ligazón, GOOGLE DOODLES, onde atoparedes algúns tan xeniais coma este adicado a Les Paul (facede clic na imaxe). 

No hay comentarios:

Publicar un comentario