Curruncho sobre Música






11/12/12

A música salva

En entradas anteriores xa falamos da importancia da música como menciña para a alma. Nas circunstancias actuais de crise global, que nos afecta a todos pero especialmente ás persoas con menos medios, atopamos gotas de luz e frescura a través da creatividade e o amor polas artes con iniciativas tales como esta. Parabéns polo fermoso traballo!

8/12/12

Os catro acordes da música popular urbana

No seguinte vídeo, ides poder confirmar o que levamos explicando e experimentando na aula: a importancia dos acordes no acompañamento da música popular urbana.
Os músicos explican que as cancións pop dos últimos corenta anos están compostas por catro acordes (I-IV-VI-V). Amósanno a través dunha parodia e entoan diferentes éxitos un tras outro. Se vos fixades, no vídeo aparecen os títulos.

Deseguido, neste outro vídeo confírmase aínda máis claramente o exposto no parágrafo anterior: con catro acordes, literalmente, podemos facer acompañamentos para melodías.
Fixádevos na man esquerda do pianista, neste caso toca os acordes despregados: I-VI-IV-V.
Pola outra banda, a man dereita toca esta famosa melodía. 

Saberiades dicir en que tonalidade está a obra? Por que? Di o nome das notas que compoñen o acorde?


     
    Verdade que coñecedes esta melodía?

    Non será deste anuncio?